A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, destaca neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a necesidade da promoción do emprego, especialmente en sectores como o da siderurxia, o tecnolóxico ou científico onde existen máis homes que mulleres e existe «brecha salarial».
Respecto aos coidados, tanto de maiores como de cativos, Vázquez fai fincapé no incremento de orzamento para a gratuidade das escolas infantís (0-3 anos) para que nais e pais poidan conciliar mellor e potenciar a corresponsabilidade.
Respecto a violencia sexual, a secretaria xeral explica que desde a Xunta «acabamos de aprobar un protocolo contra as agresións sexuais contra as mulleres e o colectivo LGTBI enfocado ao sector do ocio nocturno» e insiste que «nunca se debe cuestionar a ninguna víctima e, pola contra, compre darlle todo o que necesita e seguir o protocolo para chamar ao equipo das forzas do Estado correspondente para que interveña». Asegura que «está a terbastante aceptación no ocio nocturno, sector co que foi coordinado».
SANDRA VÁZQUEZ DOMÍNGUEZ: