miércoles, noviembre 6, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoDetidos un home e unha muller por diversos roubos no Baixo Miño

Detidos un home e unha muller por diversos roubos no Baixo Miño

O equipo EBIO da Garda Civil de Tui detivo a unha muller de 47 anos e a un varón de 45, de nacionalidade portuguesa e con diversos antecedentes policiais, como presuntos autores de varios roubos con forza na comarca durante os meses de febreiro e marzo.

Precisamente, ambos xa foran detidos por feitos similares a principios deste ano.
As denuncias interpuxéronse por feitos sucedidos en Tomiño, primeiro un furto e uso de vehículo, logo un roubo con forza nun local de hostalería e outras dúas denuncias máis por roubo con forza en dous centros de ensinanza.
Establécese un dispositivo de vixilancia sobre estas dúas persoas e comproban que portan diversas bolsas con enseres, ferramentas e alimentos que máis tarde relacionan cos feitos delictivos.
Durante as instrucións das dilixencias, tense coñecemento dun novo roubo con forza nun establecemento de lavado de vehículos.
Xérase alarma social entre hostaleiros e comerciantes de Tomiño e tamén da Guarda en relación a esas dúas persoas, xa que realizan pequenos furtos en supermercados e locais de restauración.
O seu modus operandi sempre se repite, accedendo o varón ao interior dos establecementos, mentres a muller realiza labores de vixilancia no exterior.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS