domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeActivada a alerta laranxa por temporal costeiro

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar para mañá venres a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais das provincias da Coruña e de Pontevedra

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde a madrugada na costa pontevedresa e no oeste e suroeste da coruñesa, para estenderse a partir do mediodía ao suroeste desta provincia. Haberá vento do oeste ou suroeste de forza 8 e mar combinada do oeste con ondas de ata 7 metros.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS