Efectivos do servizo de mantemento da vía e do Ges de Ponteareas desprazados ao lugar estiveron a traballar na limpeza do firme que quedou moi esvaradío debido a natureza da carga espallada pola estrada, indicando dende Emerxencias Galicia que se trataba de graxa e vísceras de animal.
Foron varios particulares os que alertaron ao 112 Galicia do acontecido. A primeira das chamadas foi recibida pasadas as 11.30 horas deste indicando que un camión que circulaba en dirección Ourense perdera a carga que transportaba, afectando a uns 400 metros de vial afectando aos dous carrís.