A compañía Fontevella Teatro representará cinco obras de microteatro baixo o título de “Pingas”.
Abrirá Adriano Campos con “A vida é puro teatro”; seguirán Susana Leiro, Marisa Sueiro e Enrique González con “Que amor nin que amor…a conta bancaria!”; : Valentina Boullosa, José Melón e Susana Leiro con “Eva ou Eva?”; Balbi Rodríguez e Marisa Sueiro con “Uff…unha experiencia relixiosa” e rematarán Amparo Tellado, Adriano Campos e Daniel Comesaña con “Ela casou cun vello”.
A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade.
Pingas de teatro para celebrar o 29 aniversario de Fontevella
A función será este sábado, 2 de marzo, no centro cultural do Porirño ás 20.00 horas