Esta recollida selectiva é posible grazas á rede de contedores verdes que a cidadanía ten á súa disposición en Galicia. Na actualidade hai 18.302 iglús verdes repartidos por toda a Comunidade -1 por cada 147 habitantes-.
Ademais do vidro depositado nos iglús verdes pola cidadanía, recuperáronse, de forma complementaria, nas plantas de tratamento de residuos urbanos da Comunidade, 17.531 toneladas de refugallos de envases deste material que non foron correctamente separados en orixe.