sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeO voto da Galicia exterior mantén sen cambios os resultados do 18F

O voto da Galicia exterior mantén sen cambios os resultados do 18F

O PP consegue case o 50% dos sufraxios procedentes do estranxeiro

Ourense era a única provincia galega na que podía variar un escano pero finalmente o PSOE quedouse a 70 votos de obter o seu segundo escano, non producíndose modificación algunha.

O reconto das papeletas do CERA (Censo de Residentes Ausentes) que se realizou este luns vén a corroborar que o PP segue a ser a forza elixida por unha ampla maioría. Así, os populares lograron o 49,8% dos sufraxios (11.308) e os socialistas ocuparon a segunda posición co 15,9% das papeletas (3.627), moi de preto do BNG con 3.587 votos (o 15,7% do total). Vox obtivo 1.567 votos, Sumar 838 e Podemos 563.

Para estes comicios do 18F estaban convodados no exterior algo máis de 476.000 cidadáns rexistrados no CERA, pero as xuntas electorais cifraron en 22.960 o número efectivo de votos, dos cales 247 declaráronse nulos.

Do total de sufraxios recibidos, o país con máis votos emitiu foi Arxentina (7.900), seguido de Suíza (4.476), Francia (2.231) e Uruguay (2.300).

Así pois o reparto de escanos no Parlamento de Galicia segue a ser de 40 deputados para o PP, 25 o BNG, 9 o PSOE e un para Democracia Ourensana.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS