Onte xoves foi a xornada inaugural na Coruña, cunha contrarreloxo con saída e meta na Torre de Hércules. Hoxe venres a competición desprázase a Lugo para realizar o “Camiño de Inverno” entre Taboada e Chantada. A etapa máis longa será a de mañá sábado en Ourense o “Camiño da Prata” de Xinzo de Limia a Ribadavia. E o domingo será a clausura co “Camiño Portugués” que terá saída en Ponteareas e remate no cumio do Monte Aloia, en Tui, transcorrendo 158 km por outros 14 municipios da provincia de Pontevedra.
Dos pés da Torre de Hércules ao cumio do Aloia
118 ciclistas dunha vintena de nacionalidades están a disputar en Galicia O Gran Camiño