sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA calidade de vida e unha conciencia sostible, na Axenda 2030 do...

A calidade de vida e unha conciencia sostible, na Axenda 2030 do Rosal

O Concello presentou a tecido asociativo e veciñanza a diagnose do municipio, para a que se recadou información de case 400 enquisas e numerosos grupos de traballo

O Rosal continúa avanzando para deseñar un plan estratéxico para a localización, implementación e seguimento da Axenda 2030 adaptada á realidade rosaleira.

Dividida en cinco grandes bloques temáticos, a diagnose recolle as debilidade, ameazas, fortalezas e oportunidades do concello de cara ao futuro.
A alta percepción da calidade de vida, o propio tecido asociativo ou a elevada conciencia social, que fai que a gran maioría da veciñanza pense nun concello sostible, son algúns dos eixos que vertebran as fortalezas do Rosal. Durante a recollida de datos tamén se destacou a importancia da aposta pola sostibilidade e a participación cidadá, o apoio ao tecido deportivo e cultura e a creación de espazos de convivencia e lecer convértense tamén en eixos moi destacados por todas as persoas participantes. Igualmente, o estudo revela a importancia de empregar potencialidades do concello como ser un referente en materia de igualdade, dispoñer dun gran potencial turístico ou fomentar a riqueza paisaxística, climática, agraria, medioambiental, patrimonial ou etnográfica.
Pola contra, o traballo recolle a falta de conectividade dixital e os problemas de mobilidade nun municipio moi disperso, a falta de relevo xeracional en diferentes aspectos, a inexistencia dun plan director centrado no turismo ou a falta dun polígono industrial como no que xa se está traballando para atraer empresas e reter talento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS