sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta investirá preto de 46 millóns en formar a máis de...

A Xunta investirá preto de 46 millóns en formar a máis de 2.000 persoas desocupadas

Faino con máis dun cento de obradoiros e programas de emprego entre 2024 e 2025

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a convocatoria para o desenvolvemento de obradoiros duais (máis de 39,1 millóns de euros), mentres mañá venres sairá a de programas mixtos de formación e emprego dirixidos a persoas mozas (case 6,6 millóns).

No caso dos obradoiros duais, prevese beneficiar 1.820 persoas sen emprego a través da realización de 91 accións por parte de concellos ou doutras entidades.

En canto aos programas para menores de 30 anos, a previsión é beneficiar 240 persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través de 15 actuacións.

O obxectivo é ofrecer unha formación teórico-práctica para o emprego de calidade, mellorando as oportunidades laborais dos participantes a través da realización de melloras en infraestruturas locais ou de servizos de interese xeral

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS