O presidente do Goberno galego en funcións, Alfonso Rueda explicou que se trata de instalacións con “aparellos e tecnoloxía complexa” que estarán instaladas nunha “empresa principal” pero a disposición dos pequenos e medianos empresarios de toda a comunidade. O obxectivo é achegar estes servizos e produtos aos autónomos e pemes a prezos competitivos. Servizos que, doutro xeito, “non poderían permitirse” o investimento que supón contar con eles na súa propia empresa de forma continuada.
A Xunta apoia cinco novos proxectos de infraestruturas compartidas e centros dixitais
A previsión é investir 10 millóns de euros nestas instalacións, dos que a Xunta achega máis de 8 millóns, que estarán a disposición do tecido produtivo. O obxectivo é seguir impulsando a modernización e dixitalización da industria galega.