O Goberno municipal deu este mércores o pistoletazo de saída á terceira edición da campaña para repoboar as 900 hectáreas de franxas secundarias con planta frondosa e autóctona, unha iniciativa coa que se busca rodear de vida o concello e blindalo ante posibles incendios forestais creando cortalumes naturais.
Repartiranse 1.800 árbores (cerdeiras, nogueiras, érbedos, castiñeiros, carballos, sobreiras, aciñeiras ou bidueiros), que se sumarán aos máis de 2.600 exemplares entregados nas pasadas edicións.