domingo, noviembre 24, 2024
InicioA terraA nosa culturaKepa Junkera dá nome ao "jaliñeiro" do Festival de Cans

Kepa Junkera dá nome ao «jaliñeiro» do Festival de Cans

O gran acordeonista, que sufriu un ictus que agora lle impide tocar, regresará a Cans dez anos despois da súa memorable actuación no Jaliñeiro, converténdose no primeiro músico do mundo que dará o seu nome a un galiñeiro

O Festival de Cans, cuxa XXI edición terá lugar do 21 ao 25 de maio nesta aldea de O Porriño, tributará este ano unha homenaxe ao acordeonista vasco Kepa Junkera e farao dun xeito singular: bautizando o histórico espazo do Jaliñeiro co seu nome.

Na homenaxe, que terá lugar o mércores 22 de maio, o festival rescatará dúas pezas audiovisuais inéditas sobre Junkera e proxectará o documental “Berpiztu” (Renacer), que narra o seu proceso personal tras o ictus.

Durante varias edicións, o Jaliñeiro de Cans foi un dos espazos emblemáticos do certame, no que actuaron artistas como Iván Ferreiro, Coque Malla, Mercedes Peón e Janet Novás, Uxía, Radio Océano ou os Diplomáticos

Últimos días de inscrición de curtas a concurso

O Festival de Cans ten aberto ata o 3 de marzo o prazo para inscribir curtas, videoclips e filmes a concurso para as creadoras e creadores que o desexen. Dende a organizaicon destacan que «polo de agora, hai un moi bo ritmo de obras inscritas, a maioría delas dun excelente nivel». O Festival de Cans rebasará nesta edición por vez primeira os 12.000 euros en premios entre as obras participantes

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS