viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra tamén fala galego

Salvaterra tamén fala galego

O IES de Salvaterra de Miño únese a campaña “Aquí tamén se fala galego”

O alumnado de 4º de ESO arrancou desde a Praza do Concello a súa campaña a prol do galego, ideada polo IES Rafael Dieste da Coruña.
Trátase dun proxecto de dinamización lingüística na que participan máis de 170 centros de ensino do país co obxectivo de rachar os prexuízos que transmiten a idea dunha Galicia que fala pouco o galego.
A iniciativa chegou a todo tipo de comercios da vila de Salvaterra, onde se colgaron carteis nos seus escaparates co lema “Aquí tamén se fala galego” para convidar a usar a lingua galega en tódolos ámbitos da vida diaria e para visibilizar a súa presenza entre a veciñanza.
A campaña contará cunha proxección nas redes sociais do instituto e do aquitamensefala.com, onde se divulgarán as imaxes dos comercios participantes nesta innovadora iniciativa

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS