jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeRueda: “A xente está convencida de que o domingo hai que elixir...

Rueda: “A xente está convencida de que o domingo hai que elixir entre a Galicia que funciona ou un multipartito de esquerdas”

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, quixo iniciar o seu último día de campaña en Pontevedra para coller forzas coa súa xente

Insistiu en que durante a campaña e nas próximas horas o seu obxectivo foi e será “pedir a confianza maioritaria dos galegos fronte ao radicalismo do nacionalismo independentista e a resignación dun PSOE disposto a ceder en todo”. De feito, pediu o voto de todos aqueles que “non queren que Galicia caia en mans dun goberno que ten como obxectivos a independencia, a imposición lingüística ou a desaparición das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”.

Alfonso Rueda:

“Todo iso pode instalarse aquí e por iso pido unha confianza máxima, con máis razón e con máis forza que nunca, no Partido Popular e na Galicia que funciona”, explicou amosando a súa satisfacción co traballo feito durante estes 15 días nos que “fixemos a campaña que nos gusta facer”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS