“Este é o momento de que todas as persoas que queren abrir un tempo novo en Galiza, votasen o que votasen noutras eleccións, aposten todo á papeleta do BNG”, asegurou no mitin de Vigo, convencida de que a súa formación representa “a ilusión e a esperanza” de toda a xente que quere construír unha Galiza mellor e con futuro para todos e todas.
Pontón considerou clave “que ningún voto do cambio quede na casa, que ningún voto do cambio se perda o próximo domingo”, e que todo ese apoio se una na papeleta do Bloque porque o futuro de Galiza pode decidirse por uns poucos votos.