viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta reforza a colaboración público-privada na loita contra o lume

A Xunta reforza a colaboración público-privada na loita contra o lume

Faino sumando a aportación de Altri de 2 millóns de euros ao fondo para impulsar a prevención a través da xestión integral do territorio

O Consello aprobou a sinatura dun convenio con esta compañía, que se suma a
Inditex para ampliar a cooperación entre o tecido empresarial e a Administración
autonómica con este obxectivo, ao que se prevén novas incorporacións, dentro dun
fondo que en total estará dotado con 36 millóns de euros.
O acordo con Altri terá unha duración de catro anos e contempla cinco obxectivos
principais, vencellados coa ordenación dos montes, a recuperación do potencial
forestal das zonas afectadas, a conservación e o fomento dos recursos forestais, das
agrupacións forestais e do aproveitamento da resina, mel e outros produtos da
natureza.

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, tralo Consello:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS