A cabeza de lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do 18F, Elena Espinosa (exministra e terceira tenente alcalde no Concello de Vigo) non cre nas enquisas, porque di que xa fallaron nas eleccións xerais. Espinosa augura que este próximo domingo vai haber «bastantes sorpresas» polo ben dos galegos.
A candidata pola provincia pontevedresa considera que un goberno socialista na Xunta da man dun goberno socialista no Goberno de España sería moi beneficioso para Galicia.