Corporacións municipais de toda a xeografía, deputacións e Xunta gardan este minuto de silencio ao que se uniu gran parte da sociedade galega, en repulsa do acontecido o pasado venres, cando estes dous gardas civís morreron en acto de servizo logo de seren alcanzados por unha narcolancha no porto de Barbate, en Cádiz.
Minuto de silencio polo suceso de Barbate
Administracións públicas e veciñanza participan desta convocatoria xeral como mostra de apoio e solidariedade coas familias dos gardas civís falecidos e recoñecemento ao gran labor realizado polos membros dos corpos e forzas de seguridade