viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA educación a través dunha ollada diferente

A educación a través dunha ollada diferente

O CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño celeba os vindeiros 15 e 16 de febreiro unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer ás familias o traballo que están a realizar

Fomentando a autonomía, sen materiais nin libros de texto, adaptándose á forma de pensar de nenos e nenas e cun equipo de docentes moi implicado en cada paso que se dá. Así é o CRA Manuel Mestre Garcés de Tomiño, un centro educativo que traballa cada ano para ofrecer unha ollada diferente do ensino e unha escola aberta á comunidade, inclusiva e participativa.
Cun equipo formado por 27 persoas, o CRA pensa xa no vindeiro curso. Así, esta semana celebra dous días de portas abertas: o xoves ás 16.00 horas haberá unha reunión xeral na sede do CRA e logo visitarante as aulas que se queiran coñecer ata as 18.30 horas e o venres a reunión na sede será ás 10.00 horas para posteriormente visitar as escolas ata as 14.00 horas. As persoas interesadas poden reservar cita chamando ao 986 622 775 ou escribindo a cra.tominho@edu.xunta.gal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS