sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA clave para falar de sexualidade cos nenos é saber que non...

A clave para falar de sexualidade cos nenos é saber que non é como a adulta

A psicóloga e sexóloga Mamen Jiménez puxo o broche de ouro á IX Semana da Educación de Tomiño cunha charla na que aprender a falar de sexo coa cativada con humor e sen medo

Nunha charla amena, divertida e sen tabús a psicóloga ofreceu ao público as ferramentas para abordar cos pequenos e pequenas da casa a sexualidade tendo en conta cuestións claves. “É unha sexualidade non organizada, sen connotacións eróticas, exploratoria e na que todo o corpo é unha festa. Por iso, o primeiro paso á hora de abordar este tema con eles e elas é ter en conta que é unha sexualidade diferente á adulta”, resaltou.
A psicóloga fixo especial fincapé na importancia de tratar estas cuestións con naturalidade e dar a nenos e nenas ferramentas para ensinarlles a coñecerse e a respectarse a elas e eles mesmos e ás persoas que as e os rodean, empoderándoos e ensinándolles que o seu corpo é seu, sempre cun diálogo adaptado a súa idade, á súa etapa educativa e ao seu propio coñecemento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS