sábado, noviembre 23, 2024
InicioO PaísPontevedra24 falecidos nas estradas pontevedresas en 2023

24 falecidos nas estradas pontevedresas en 2023

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada informou este venres do balance de seguridade viaria da provincia relativo ao pasado ano

As cifras enmárcanse nun contexto de maior mobilidade, recuperando os niveis prepandemia, dado que aumentaron un 1,2% por cento os desprazamentos respecto ao ano anterior e un 2,5 % respecto ao 2019. Ademais, a provincia conta cun parque de vehículos que se sitúa nos 782.242 utilitarios e vehículos industriais e un censo que se eleva ata os 609.301 condutores.

O subdelegado do Goberno destacou que se produciron un total de 22 sinistros mortais nos que faleceron 24 persoas, dado que houbo dous sinistros con dous falecidos en Vilaboa e Cambados. Estas cifras supoñen 6 falecidos máis que no 2022, pero os mesmos que no período 2018-2020 e un menos que no 2021. Con todo, constátase un lixeiro descenso da letalidade no caso dos sinistros mortais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS