viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísGalicia rexistrou un xaneiro estremadamente cálido

Galicia rexistrou un xaneiro estremadamente cálido

O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graos

O primeiro mes do ano caracterizouse por uns últimos 10 días no que as altas presións deixaron tempo seco e, ademais, atraeron aire cálido, o que provocou que as temperaturas foran elevadas para esta época. Pola contra, os primeiros 20 días foron bastante típicos dun mes de xaneiro con frecuentes borrascas e entradas de aire frío.

Da análise das precipitacións conclúese que xaneiro foi un mes normal xa que as sucesivas borrascas dos primeiros días do ano, como Henk, Hipólito ou Irene, deixaron cantidades apreciables e de xeito moi xeneralizado. Así, a precipitación media acumulada foi de 179 l/m2, un 5% superior ao valor climático normal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS