Co obxectivo de recuperar o ecosistema fluvial do río Couso e fixar o solo de modo que minimice a erosión, o Concello do Porriño fai un chamamento a veciñanza para que participe de xeito voluntario na plantación de árbores na marxe deste río.
A cita será o vindeiro sábado, día 10 de febreiro, de 11.00 a 13.00 horas. Establecéndose como punto de encontro o número 5 da rúa Leandro Diz.
Aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado para esta actividade poden informarse e/ou inscribirse chamando o número de teléfono 986 33 76 24 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo omix@oporrino.org ou vigo@verdegaia.org
Porriño busca voluntariado para a plantación de árbores
Organízase unha xornada este sábado, 10 de febreiro, de 11.00 a 13.00 horas na marxe do río Couso