O servizo municipal de transporte urbano da cidade de Ourense incorporará desde esta semana os seus primeiros autobuses urbanos eléctricos. Con eles, Ourense será a primeira cidade de Galicia que conte con autobuses eléctricos prestando servizo nunha liña regular de transporte urbano. As novas unidades incorporaranse paulatinamente ás liñas do servizo municipal.
Ourense terá o primeiro bus eléctrico que preste servizo nunha liña regular en Galicia
Os primeiros autobuses urbanos eléctricos incorporaranse desde esta semana á frota da cidade das Burgas