sábado, noviembre 23, 2024
InicioConcellos +As NevesO Concello e o centro cultural das Neves dotaranse de aerotermia

O Concello e o centro cultural das Neves dotaranse de aerotermia

Realizarase unha inversión de máis de 60.000 euros para prover a estes edificios municipais deste tipo de enerxía limpa

A Deputación de Pontevedra vén de sacar a licitación as obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios municipais das Neves ao abeiro do proxecto de instalacións de aerotermia sostibles, enmarcado no programa de axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000). A actuación será financiada ao 85% polo IDAE, ao 8% pola Deputación de Pontevedra e ao 7% polo concello.

O obxectivo destas obras, nas que se investirán 62.500 euros, é realizar as instalacións de aproveitamento da enerxía aerotérmica na Casa do Concello e o Centro Cultural das Neves. Con isto, a Deputación busca favorecer o desenvolvemento de proxectos que reduzan as emisións de CO2, implantando medidas de aforro e eficiencia enerxética, e tamén favorecer o uso de fontes de enerxía renovables que contribúan ao desenvolvemento económico local

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS