O Colegio Lar sigue situado na elite da Excelencia Educativa Europea. Foi en no ano 2017 cando se converteu no primeiro centro educativo de Galicia en obter o selo EFQM 500 pola súa xestión excelente, innovadora e sostible, e agora, de novo, o primeiro en renovalo.
O director de Lar, Rodrigo Salgado Pombo, recibiuno de mans do presidente do Club Excelencia en Gestión, Tomás Pascual, e do CEO de EFQM, Russell Longmuir, nun acto celebrado en Madrid, no que se recoñeceu o labor das 84 empresas, entidades e institucións de todo o país que conseguiron este selo, entre elas o Lar, “o que valida a nosa mellora continua e sólida traxectoria cara á excelencia, posicionándonos como un referente na Comunidade Autónoma”, remarca o director.
Colegio Lar revalida o seu selo de Excelencia Europea
En 2017 foi o primeiro centro educativo de Galicia en obter o EFQM 500 e agora de novo o primeiro en renovalo