“Somos un partido con moita historia pero tamén con moito futuro. Por iso recuperamos un clásico e démoslle unha volta para adaptalo. Dentro vídeo”. Así presenta o presidente Alfonso Rueda nun vídeo, a través dos seus perfís en redes sociais, a versión do tema “Xuntos”, de Juan Pardo, como “himno da Galicia que funciona”, unha recomposición da clásica canción como elemento clave da campaña para as eleccións autonómicas do 18 febreiro.