Galicia arrasa na prestixiosa plataforma internacional de arte urbano Street Art Cities ao acaparar os tres primeiros postos na lista dos 50 mellores murais de todo o planeta.
En primeiro lugar sitúase o artista Sfhir que plasmou unha violenchelista no numero 64 da rúa Fraga, en Fene. Fíxoo durante a primeira edición do Perla Mural Fest, en agosto do pasado ano.
No segundo posto esta “A Dona do Esteiro”, encargo do Concello de Nigrán á artista Lula Goce, situado na Ramallosa, entre a rúa Argonautas e Romana Baixa.
E en terceira posición está “A Castrexa” que domina a Ronda da Muralla, en Lugo, á altura do número 156, creada por Yoe 33 (Manuel Pallin).