viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO IES de Mos dispón dun punto laranxa

O IES de Mos dispón dun punto laranxa

Funciona como unha caixa de correo na que trasladar situacións de acoso

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o instituto IES de Mos, onde a Xunta de Galicia vén de habilitar un dos 1.242 Puntos Laranxas contra o acoso escolar cos que se vai dotar os colexios e institutos galegos, Espazos Xoves e residencias xuvenís e de estudantes.

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades explicou que estes puntos, que contan cunha imaxe común e uniforme para que sexan perfectamente identificados e accesibles, funcionan a modo de caixa de correo a través da cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros. Ademais do formato físico nas instalacións escolares, hai un formato virtual a través dos webs de cada un dos centros educativos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS