O Concello de Baiona racha coa estética dos últimos anos e volve á esencia cultural da Festa da Arribada cunha ilustración protagonizada pola Carabela Pinta e a Fortaleza de Monterreal como protagonistas da cartelería. Nas imaxes promocionais desta XXVIII edición amósase a chegada da Carabela Pinta ao puerto de Baiona e o rigor histórico, todo elo baixo a técnica da ilustración de Nuria Bouzas Loureiro.
Por outra banda, no mesmo acto no que se presentou a cartelería, anunciouse tamén a posta en marcha dunha nova forma de difusión da Arribada. Así, as imaxes desta festa de interese turístico internacional estarán durante todo este mes en 40 das oficinas de maior afluencia de Correos das comunidades de Madrid, Castela e León e das principais cidades galegas.