viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA loita polo 18F iníciase esta medianoite

A loita polo 18F iníciase esta medianoite

A campaña electoral dos comicios autonómicos do vindeiro 18 de febreiro comeza esta medianoite coa xa tradicional pegada de carteis.
Os seis partidos con maiores opción a obter representación no Parlamento de Galicia teñen todo preparado para o arranque da campaña en diferentes puntos da xeografía galega.
O presidente da Xunta e candidato do Partido Popular, Alfonso Rueda, é o único que aposta pola capital galega para dar o pistoletazo de saída. Os populares estarán a partir das 23.30 horas na Praza do Obradoiro, á beira do Pazo de Raxoi.
A actual líder da oposición e candidata do BNG, Ana Pontón, estará ás 20.00 horas na Coruña, nun acto no Campo da Leña.
O socialista José Ramón Gómez Besteiro estreará a campaña na súa cidade natal, Lugo.
No caso de Sumar, Marta Lois, nunha aposta polas grandes áreas metropolitanas de Galicia, optará por Cangas do Morrazo para iniciar a campaña.
En Podemos elixiron a cidade da candidata, Isabel Faraldo, polo que a pegada será no Millenium, no barrio coruñés de Labañou.
Por último, o aspirante de Vox, Álvaro Díaz-Mella, iniciará a campaña dende Vigo.

Debate

A seguinte importante na carreira polo 18 F será o vindeiro luns, 5 de febreiro, onde os seis candidatos, agás o de Vox, se atoparán na CRTVG, no debate que se emitirá en directo e de xeito simultáneo pola Televisión de Galicia e a Radio Galega.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS