A Xunta de Galicia comunicoulle ao Estado a súa intención de rebaixar o nivel do plan Camgal, de 2 a 1, tendo en conta a significativa baixada da cantidade de granulados plásticos que chegan ao litoral galego procedentes dos sacos de «pellets» que caíron ao mar do buque Toconao. Galicia recolleu ata agora máis de 3.500 quilos deses granulados plásticos chegados do mar.
Consecuentemente, aínda que seguirán as labores de vixiancia, Galicia baixará o nivel de efectivos e recursos destinados a limpeza dos areais.