jueves, noviembre 21, 2024
InicioA terraMedio AmbienteO 2023 foi o ano máis cálido das últimas seis décadas en...

O 2023 foi o ano máis cálido das últimas seis décadas en galicia

A temperatura media foi de 14,9 graos, un valor considerado como extremadamente cálido

O pasado ano 2023 foi moi húmido e o máis cálido das últimas seis décadas, segundo o avance do balance climatolóxico anual elaborado por MeteoGalicia, do que informou hoxe a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.


Durante a presentación do informe, a vicepresidenta segunda dixo que a temperatura media foi de 14,9 graos, un valor tan alto que fai que o ano 2023 se considere como extremadamente cálido, cunha anomalía positiva de 1,3 graos con respecto aos valores esperados. “Foi o ano máis cálido das últimas seis décadas, ao rexistrar a temperatura media máis elevada desde 1961”, incidiu.
No que atinxe ás precipitacións, o volume de chuvias foi maior do agardado polo que 2023 debe considerarse, en xeral, un ano moi húmido. A precipitación media na Comunidade foi de 1.560 litros por metro cadrado, o que supón, segundo subliñou Ángeles Vázquez, “un 21% máis do que cabería esperar”.

Logo de salientar que para atopar un ano máis húmido hai que remontarse ao ano 2000, a vicepresidenta segunda explicou que 2023 presentou notables contrastes entre uns meses e outros. Así, febreiro e maio foron moi secos; abril e xullo, secos; xaneiro, xuño, outubro e novembro, moi húmidos; marzo e setembro, húmidos, e agosto e decembro rexistraron valores normais

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS