O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación da remodelación e rehabilitación dos faros grande e pequeno
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o futuro complexo hoteleiro de Cabo Silleiro como un exemplo da aposta e defensa de Galicia pola súa paisaxe, historia, valores e gastronomía, ao tempo que contribuirá a seguir atraendo á comunidade un turismo sostible. Está previsto que abra a comezos do verán e contará con 16 habitacións.
Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia:
Rueda expresou o seu desexo de que esta idea se poida seguir trasladando a outros lugares de Galicia. “Hai emprazamentos que terían unha utilización turística fantástica, respectando o entorno e poñéndoo máis en valor e cunha segunda vida tamén económica. Porque a costa hai que preservala pero na costa tamén hai que vivir e seguir creando riqueza”, asegurou.