Discotecas, salas de festa, pubs e cafés espectáculo de Galicia poden formalizar desde este venres, e de xeito voluntario, a súa adhesión ao Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas nos espazos de lecer nocturno, aprobado polo último Consello da Xunta de Galicia para combater violencias sexuais e discriminacións nestes recintos.
O documento está a disposición xa na web de Igualdade (https://igualdade.xunta.gal/gl/content/protocolo-de-actuacion-contra-violencias-sexuais-e-lgbtifobicas-nos-espazos-de-lecer).
A Administración autonómica, en colaboración co Observatorio LGBTIQ+ e da Violencia de Xénero e as entidades representativas do sector, deseñou o protocolo que busca previr, detectar e actuar ante situacións de violencia
A Xunta ofrecerá un programa de formación en liña de dez horas aos profesionais para aplicar as medidas previstas e detectar situacións de risco