A Xunta e o Concello de Ponteareas colaboran achegando preto de 1,7 millóns de euros para iniciar a extensión do saneamento a toda a parroquia de Ribadetea. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, formalizaron hoxe o acto administrativo de sinatura do convenio de colaboración, para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a rede de saneamento que se executará, concretamente, nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido e a conexión coa rede de Ribadetea, que conduce as súas augas residuais ata a estación de bombeo para dirixilas á depuradora da Moscadeira. Tamén se executarán dúas estacións de bombeo novas en Mourade e A Freixa e renovarase a que xa existe
Ethel Vázquez:
Nava Castro:
As obras sentan as bases para dotar dun saneamento eficaz a máis de 1.000 habitantes, eliminado risco de contaminación na contorna do río Tea, Zona de Especial Conservación e Rede Natura 2000.
O obxectivo é iniciar os traballos no segundo semestre do ano, cun prazo de execución de 6 meses