sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Trail Muíños do Folón amosará a súa cara máis solidaria

O Trail Muíños do Folón amosará a súa cara máis solidaria

A proba contará cunha fila 0 e cun stand con artigos de merchandising a favor da Asociación Española contra o Cancro

O Trail Adventure Muíños do Folón amosará nesta nova edición a súa faciana máis solidaria recadando fondos a favor da Asociación Española contra o Cancro. O vindeiro 3 de marzo máis de 500 corredores e corredoras poderán desfrutar das paisaxes e lugares etnográficos declarados como Ben de Interese Cultural ao tempo que achegan o seu gran de area.

A organización desta proba deportiva ven de habilitar unha fila 0 a través da que as persoas que o prefiran poidan colaborar sen participar na carreira. Todo o importe que se recade a través desta forma de inscrición será destinado a fins benéficos. Ademais, co fin de incrementar o carácter solidario do evento a favor da AECC, haberá un stand con artigos de merchandising que poderán mercar participantes e público.

O evento contará con dúas modalidades: a Advance, de 21 quilómetros e 950 metros de desnivel, e a Adventure, de 12 quilómetros con 450 metros de desnivel. Os corredores poderán elixir entre estas dúas carreiras e realizar aquela que mellor se adapte ás súas preferencias e condición física. As inscricións da que será a sétima edición deste trail xa están dispoñibles a través da páxina web da carreira, na que tamén se poderá colaborar rexistrándose na fila 0

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS