viernes, noviembre 22, 2024
InicioA terraA nosa culturaÉxito das cabinas telefónicas reconvertidas en literarias

Éxito das cabinas telefónicas reconvertidas en literarias

As catro cabinas literarias de Redondela, que comezaron a funcionar hai menos dun ano cuns poucos exemplares, contan xa con ducias de libros de todo tipo doados pola veciñanza e volumes editados polo Concello sobre as súas parroquias

Redondela conta con catro cabinas literarias, instalacións de telefonía en desuso que foron reconvertidas en pequenas bibliotecas para uso da veciñanza e visitantes. A idea, pioneira na provincia de Pontevedra, ofrece libros en préstamo e a cidadanía pode facer as súas doazóns. As cabinas están instaladas no centro da vila: Fonte de Santiago, Praza da Constitución e Praza de Ponteareas, e tamén na Av. de Redondela en Chapela.

Trátase dunha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, coordinado pola alcaldesa Digna Rivas, que se puxo en marcha en marzo do pasado ano. Rivas amósase “moi satisfeita coa boa acollida deste proxecto” no que se aproveita mobiliario urbano de espazos públicos “para converterse en espazos culturais abertos”.

Escoitamos a alcaldesa Digna Rivas valorando o éxito desta iniciativa, así como unha anécdota que deixou un peregrino ao seu paso pola vila dos viadutos:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS