O IFEVI acolle este domingo, 14 de xaneiro, a sexta edición do Concurso de Rondallas organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.
O recinto feiral abrirá as súas portas para recibir aos máis de 1200 rondalleiros que participarán nesta tradicional mostra. Serán un total de 15 agrupacións da zona sur de Pontevedra as que actuarán e o farán na seguinte orde:
VI CONCURSO RONDALLAS IFEVI | |||
14 Xaneiro do 2024 | |||
ORDEN ACTUACION | HORA PREVISTA | RONDALLA | CONCELLO |
1 | 17:00 | Rondalla O MOSTEIRO PEXEGUEIRO | TUI |
2 | 17:15 | Rondalla de BEADE | VIGO |
3 | 17:30 | Rondalla de PONTELLAS | PORRIÑO |
4 | 17:45 | Rondalla de VALLADARES | VIGO |
5 | 18:00 | Rondalla O GALIÑEIRO DE VINCIOS | GONDOMAR |
6 | 18:15 | Rondalla SANTA EULALIA DE MOS | MOS |
7 | 18:30 | Rondalla CLUB SANTIAGUIÑO DE GUIZAN | MOS |
8 | 18:45 | Rondalla de HERVILLE | MOS |
9 | 19:00 | Rondalla de TORROSO | MOS |
10 | 19:15 | Rondalla de SAN MAMEDE DE ZAMANS | VIGO |
11 | 19:30 | Rondalla de FREIXO | VIGO |
12 | 19:45 | Rondalla HELIOS DE BEMBRIVE | VIGO |
13 | 20:00 | Rondalla SANTA EULALIA DE ATIOS | PORRIÑO |
14 | 20:15 | Rondalla SANTIAGO DE PARADA NIGRAN | NIGRAN |
15 | 20:30 | Rondalla A MERCED DE CHAIN | GONDOMAR |
Este ano, a diferencia do ano anterior, recuperase o formato de concurso outorgándose cinco primeiros premios para ambas agrupacións, conxunto de abandeirados e rondallas.
A rondalla gañadora percibirá un premio de 900 euros e volverá a repetir a súa actuación o final do acto. O conxunto de abandeirados que quede no primeiro posto percibirá un premio económico de 500 euros. Dende a organización lembran que as entradas están á venda ao prezo simbólico de 3 euros