O Concello de Nigrán realizará este martes 9 de xaneiro a primeira limpeza organizada de pellets dos areais de Patos, Prado, Cansadoura e Madorra, onde comezaron a localizarse esta fin de semana.
O alcalde de Nigrán, Juan González, falou do tema en Si Radio.
A acción está coordinada coa Asociación de Escolas de Surf de Patos, Club Marítimo de Panxón, os operarios municipais do servizo de limpeza PreZero e todo aquel voluntario que desexe colaborar.
Para participar tan só é preciso acudir ao aparcadoiro das escolas de surf, en Patos, ás 10:00 horas e provistos de luvas, o Concello levará caldeiros para a recollida de pellets e bolsas para outros refugallos que poida haber nos areais.