Si Radio de Galicia falou hoxe coa delegada do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, Ana Mejías, aínda no cargo de forma provisional, e realizou un repaso ao orzamento desta entidade para este ano 2024 asegurando que se van acometer importantes investimentos en Vigo e na súa área de influencia.
As contas chegan aos de 106 millóns, cun incremento do 16% con respecto a 2023, e 73 millóns en investimentos.
Mejías é delegada do CZFV despois da saída en xuño de David Regades (hoxe deputado por Pontevedra).
O nomeamento da nova delegada ou delegado aínda está pendente por parte do novo Executivo central.
A entrevista completa pode escoitarse aquí: