lunes, septiembre 16, 2024
InicioComarcasParadantaA Garda Civil busca aos 3 asaltantes de Abanca cun butrón en...

A Garda Civil busca aos 3 asaltantes de Abanca cun butrón en Arbo

Ás 8.30 horas da mañá dous atracadores agardaban aos empregados dentro da oficina de Abanca, no centro de Arbo, para obrigarlles a abrir a caixa forte. Para evitar que frustrasen o asalto e alertarsen ás forzas de seguridade, maniatáronos.

Tras conseguir facerse cun botín, aínda sen cuantificar, escaparon pola porta principal da única oficina bancaria de Arbo. Todo apunta a que un terceiro asaltante os estaría agardando fóra, dun vehículo para fuxir.

Entre as hipóteses barállase que puidesen escapar a Portugal, tendo en conta a proximidade da ponte internacional e da localidade veciña, Melgaço.

Na oficina bancaria asaltada traballarían 3 persoas.

A media mañá xa se procedeu este venres a pechar o butrón con ladrillos.

Queda por comprobar se algunha veciña ou veciño escoitou ou viu aos atracadores durante a noite ou os días previos, tendo en conta que para facer o butrón, e quitar o enreixado nunha das fiestras traseiras da sucursal, sería necesario subirse a unha escaleira tendo en conta a súa altura.

O caixeiro queda inutilizado ata as 15.00 horas despois de que os atracadores tamén ordearan a súa apertura para roubar o diñeiro que almacenaba.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS