jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísSanidade pide prevención ante o aumento de casos de gripe A

Sanidade pide prevención ante o aumento de casos de gripe A

A onda epidémica da gripe segue aumentando en pleno Nadal. Atendendo a taxa de consultas polas probas de microbioloxía calcúlase que a incidencia aumentou arredor dun 33 % na última semana.

O Sergas informa este xoves que nesta tempada xa houbo máis de 1.300 ingresos hospitalarios de persoas co virus da gripe A. Deses doentes, 70 acabaron na UCI e 58 faleceron, e considérase que 19 deles morreron por causa da gripe.

A vacina deste ano aínda pode poñerse ata o 12 de xaneiro, con cita previa, en hospitais e centros de atención primaria. É para catro variantes, incluída a da gripe A, que é a que máis circula agora. Da súa efectividade dá constancia un dato: que a maioría dos que acoden á consulta por gripe aos centros de saúde son menores de 65.

Recuperar o uso da máscara para evitar contaxiarnos e contaxiar os demais, especialmente se imos ir a sitios pechados, mal ventilados e con persoas vulnerables.

Cabe lembrar que se imos a urxencias é obrigatorio levar a máscara posta.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS