Nova vítima de violencia machista en Santiago de Compostela. Unha muller resultou ferida grave en Santiago tras unha agresión a mans da súa parella, que lle propinou unha puñalada nas costas. O agresor, un home de orixe magrebí, foi detido no domicilio onde se produciu a agresión.
O suceso produciuse pasadas as seis da mañá nunha vivenda do compostelán barrio de Concheiros. As testemuñas aseguran ter escoitado unha forte discusión que derivou na agresión do home.
A muller, de nacionalidade española, tivo que ser ingresada no Hospital Clínico de Santiago e o seu prognóstico é reservado, aínda que a lesión non afecta a ningún punto vital.
O home foi detido e xa contaba con antecedentes previos por violencia machista.
Os axentes fixéronse cargo dos fillos da parella para a súa protección