domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta activa para este venres a alerta laranxa por temporal costeiro

A Xunta activa para este venres a alerta laranxa por temporal costeiro

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral oeste e noroeste da provincia da Coruña.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso comezará esta medianoite con mar combinada do noroeste con ondas de ata seis metros e ventos do oeste de forza sete. No resto do litoral galego haberá alerta amarela por mar combinada con ondas de ata cinco metros e, na Mariña de Lugo, ventos de forza sete.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. No caso de concellos con plans de emerxencias municipais (PEMU), recomendase a súa activación en fase de preemerxencia.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS