O deputado nacional por Pontevedra, secretario provincial na provincia e socialista da cidade de Vigo, David Regades, foi nomeado voceiro da Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno central. Este órgano «ten moito peso para Galicia ao tratarse dun sector estratéxico para o noso país», segundo apuntan dende o PSdeG-PSOE.