viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísAlfonso Rueda: "A amnistía é un disparate ante o que Galicia non...

Alfonso Rueda: «A amnistía é un disparate ante o que Galicia non pode permanecer impasible»

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou na cena dos populares en Mos «que a política que leva a cabo o partido alá onde goberna é a política dos principios, da estabilidade, do rigor e da convivencia» e que isto «se demostra con feitos tanto nas actuacións do Goberno galego como na xestión de Nidia Arévalo á fronte do Concello de Mos», en palabras do líder do PPdeG.

«Xusto o contrario», engadiu, «ao que acontece con aqueles partidos que exercen a política desde a chantaxe, as promesas incumpridas, os pactos escuros e os enredos imposibles de siglas». Exemplificouno nun Pedro Sánchez e nun PSOE «que prometían que non ían aprobar indultos, que afirmaban non estar a favor da amnistía e que se negaban a condonar unha débeda a Cataluña que agora vai custar 400 euros a cada galego».

Unha situación que Rueda cualificou de «disparate e ante a que Galicia non pode permanecer impasible». Por iso fixo un chamamento a todos os presentes a «defender a dignidade, a estabilidade, o progreso e a cohesión da nosa Comunidade».

En clave local, recordou algunhas das actuacións que levou a cabo a Xunta en Mos como é o caso do centro pioneiro de coidados intermedios no Rebullón, a nova vivenda protexida que se vai construír en San Eleuterio ou os investimentos no Hurbe co fin de seguir facendo das cidades lugares máis amables.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS