viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoSeis veciños da Cañiza, Salceda de Caselas e Tomiño detidos por tráfico...

Seis veciños da Cañiza, Salceda de Caselas e Tomiño detidos por tráfico de drogas

A Garda Civil e a Policía Nacional, nunha operación conxunta, detiveron a 6 persoas integrantes dunha organización criminal que se dedicaba ao cultivo e tráfico de drogas. Os axentes realizaron cinco rexistros nos que se incautaron 2.200 gramos de cocaína e máis de 3kg de haxix. Segundo fontes do caso, os integrantes da organización criminal dedicábase á preparación, cultivo e posterior distribución de marihuana tanto en Galicia como en Portugal.

As forzas e corpos de seguridade detiveron a seis persoas, de entre 27 e 67 anos, con dimicilios na Cañiza, Salceda de Caselas e Tomiño. Realizáronse cinco rexistros nestas localidades e se interviron, entre outras cuestións, 2 kg de cocaína, 1.789 plantas de marihuana, 30 kilos de «cogollos» de marihuana, 3 kg de haxix, 3 básculas de precisión, 4 vehículos e 370 paquetes de tabaco de contrabando.

No interior dunha nave que se sitúa en Tomiño, localizaron unha plantación undustrial para o cultivo intensivo do Cannabis Sativa cunha instalación eléctrica, valorada, segundo os expertos, nuns 100.000 euros. Estaba distribuída en cinco compartimentos que contaba con aparellos de aire, un sistema avanzado de iluminación así como un control de fotometría, temperatura e humidade.

Ademais, o grupo dedicábase á distribución de cocaína. Os axentes interviron nun dos rexistros domiciliarios dous paquetes dun kilo cada un de cocaína así como dos envoltorios con 200 gramos. Tamén se localizaron 3kg de haxix.

Operación aberta

Das seis persoas detidas, tres quedaron en liberdade en sede policial e os outros tres foron postos a disposición do Xuzgado de Instrucción número 3 de Tui. Ingresou un deles en prisión.

Segundo fontes do caso, a operación continúa aberta e non descartan novas detencións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS