O presidente da Federación de cofrarías da provincia de Pontevedra, José Manuel Rosas, conta nunha entrevista en Si Radio a situación de «desamparo» na que se ven máis de 3.000 familias da provincia ao atopar máis do 80% da ameixa morta e máis do 90% do berberecho morto.
Unha mortaldade elevadísima que califican de excepcional e para a que piden axudas excepcionais.
Advirten que a mortaldade tamén afecta ao desove e que o problema vai durar no tempo, pero mentres urxen axudas ao ver por terra a campaña de Nadal.
José Manuel Rosas, presidente da Federación de Cofrarías da provinca de Pontevedra: